Mércores, 28 de Setembro | 19:00
New Videodrome Cinema | Galicine · Plaza Elíptica
Entradas á venda
O GFFF comprácese en presentar o work in progress de COIA O CAOS!!… Es la Ley!! unha webserie 100% viguesa, feita por e para vigueses.
Segundo os seus creadores, o principal obxectivo de realizar este proxecto audiovisual, totalmente independente pero feito con moita ilusión, foi, e é, unha homenaxe ao barrio de Coia, ás súas xentes e aos seus “ausentes”. Para o que non o coñeza, haberá que explicarlle que este barrio, o máis populoso da cidade, foi un dos máis perigosos e conflictivos de España nos anos oitenta. Á marxe desas estadísticas negativas do pasado, e mesmo dentro delas, hai moitas historias persoais que merecen a pena ser contadas.
Así, a fortuna quixo que se xuntasen catro mentes inquietas e emprendedoras. Tres actores, Carlos Godoy, Suso Cortegoso e Ronaldo Delgado e un técnico visionario, Manel Salgueiro. Ao principio, a idea era facer unha serie de sketches cómicos co barrio de Coia como pano de fondo, logo evolucionou como unha curtametraxe, e despois… Despois fóiselles das mans.
Esta produción non podería levarse a cabo sen a participación de moita xente que altruistamente prestouse a colaborar e crer na idea. Actores profesionais como Antonio Durán “Morris” e Uxía Blanco; músicos e cantantes como Coral Alonso, Óscar Avendaño ou Paulo Pascual; Mesmamente, algúns dos músicos citados, ademais de moitos outros, participaron achegando a banda sonora do proxecto. A música foi un gran apoio e unha imprescindible aliada para o resultado final.
O que comezaron esas catro mentes inquedas, converteuse no proxecto de todo un barrio e da súa cidade… É a Lei!!
CARLOS GODOY
Director e Ideólogo de Coia o Caos
(Coia, Vigo, 1968)
Licenciado pola Universidade do Polígono de Coia en Artes Esperpénticas. É posible que o lembren doutras producións como Érase unha vez Praza América ou Un hombre llamado Camello. Actor en superproducións hispanochabacanas que nunca saíron á luz, ou en series e programas da Telegaita. Tamén é actor e autor de producións teatrais (máis ben cutres, todo hai que dicilo). Pero agora parece que chegou ao momento culmen da súa carreira coa web serie Coia ou Caos. Crearía por fin o seu Magnum Opus? Non perdan a oportunidade de poder gozar, ou non, da súa última fazaña audiovisual.
TITULO: COIA O CAOS!!… ES LA LEY!!
GALICIA / 2022 / WEBSERIE
CARLOS GODOY
CÁMARA E DIRECCIÓN TÉCNICA: Manel Salgueiro
APOIO DE PRODUCIÓN: Sergio Valle, Denís Carballás, Raquel Vazquez.
GUIÓN E IDEA ORIXINAL: Carlos Godoy
REPARTO: Carlos Godoy, Suso Cortegoso, Roni Delgado, Antonio Durán “Morris”, Arantxa Treus, Uxía Blanco, Arantza De La Torre, Cecilia Vázquez, Juanjo Figueiroa, Raúl Maya (El Flaco), Fernando Franco, Nando Llera, Miguel Vazquez, José Solla (Figu), Oscar Avendaño,
Alberto Cunha, Tony Lomba… máis un largo etc.
MÚSICA: Israel Ruiz, La Tronka Jazz Quartet, Oscar Avendaño, Eladio Santos, Paulo Pascual, Frans Bansfield, David Vázquez, Zalomon Grass…
PRODUTORA DE APOIO: Rosso Kowalski
Sinopse:
Tras pasar máis de dúas décadas “á sombra”, os tres protagonistas desta historia volven ao seu barrio. Outrora foran respectados e temidos nas rúas do seu territorio. Pero os tempos cambiaron. A pesar de ser xa uns cincuentóns, seguen tendo os seus propios códigos de conduta á marxe do politicamente establecido. Eles non cambiaron, pero agora atoparon un sentido ás súas vidas. Veranse envoltos en situacións disparatadas para lograr o seu utópico obxectivo. Para eles será a lei, a súa lei. E levasen esta idea ata límites insospeitados.