CINEMA FFFREAK

Que vas ver no GFFF? O mellor cinema freak galego, nacional e internacional:

  • Terror e arrepío para que non durmas máis.
  • Friquismo do de verdade.
  • Humor ata que escache o diafragma.
  • Pezas que che van deixar o cu torcido.
  • A mellor animación.

O GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Un festival que amosa unha coidada selección de pezas audiovisuais que soen verse privadas das canles habituais de distribución. Pezas moitas veces inéditas en Galicia, con grandes estreas mundiais, internacionais e nacionais. É o único festival do mundo que subtitula todos os filmes estranxeiros en Galego.

MÁIS QUE CINEMA

O festival é máis ca un simple acontecemento cinematográfico, sendo as proxeccións de películas o epicentro de festas, concertos e actividades. Tamén teremos moita cervexa e máis sorpresas das que poderás procesar!

https://youtu.be/6suOJ18DxY0

ASÍ FOI O GFFF #5 2021!

Iremos ampliando información! Non nos perdas nas redes sociais!