INAUGURACIÓN: CASPERVEK + THE HUNCHBACK OF NOTRE DAME

Como vén sendo costume, inauguramos esta #6 edition do GFFF cunha viaxe aos albores do cinema. Nesta ocasión é a quenda do filme THE HUNCHBACK OF NOTRE DAME do director Wallace Worsley que neste ano cumpre 99 anos desde a súa estrea.

Venres 23 de setembro | 19:00
Auditorio do Concello de Vigo

Máis info

ANIVERSARIO: THE THING

Dedicamos parte desta #6 edition ao 40º aniversario de THE THING! E para celebralo, proxectaremos o filme en pantalla grande para que a sintades como na súa estrea!

Venres, 23 de setembro | 22:00
Auditorio do Concello de Vigo

Máis info

PEQUEFREAK: O MEU PRIMEIRO FESTIVAL

“Se es pequeno e es freak, vén ao pequefreak”, con esta frase na cabeza marcharon dúcias de pequefreaks tras pasar pola primeira edición deste mini festival celebrado dentro da pasada edición do GFFF e que volve este ano para goce de nenas, nenos e maiores.

Sábado 24 de setembro
Auditorio do Concello de Vigo

Máis info

ANIVERSARIO: TRON

Para celebrar o 40º aniversario de TRON, proxectaremos o filme en pantalla grande dentro do festival PEQUEFREAK.

Sábado, 24 de setembro | 20:45
Auditorio do Concello de Vigo

Máis info

RETROSPECTIVA: O MOZO PETER JACKSON

Sir Peter Robert Jackson, máis coñecido como Peter Jackson é un director neozelandés mundialmente coñecido por levar á gran pantalla a triloxía d’ O Señor dos Aneis.

Pero antes de que este director fixera as delicias dos máis fanáticos do fantástico empezou a súa carreira con obras de baixo orzamento que por estética, humor e temática encaixan perfectamente dentro do cinema freak que tanto reivindicamos.

Varios días e proxeccións
New Videodrome Cinema | Plaza Elíptica

Máis info

DIANA PEÑALVER

É un inmenso pracer contar este ano cunha convidada moi especial. Estará connosco Diana Peñalver, actriz española cunha longa traxectoria tanto en teatro e televisión como en cinema. Entre moitos títulos participou no filme de Fernando Trueba, El año de las luces, e en televisión saltou a fama grazas á serie Las Chicas de hoy en día.

Foi precisamente grazas a Fernando Trueba e ao produtor Andrés Vicente Gómez, que Diana coñecería a un noviño director neozelandés quen a levaría a coprotagonizar un dos filmes gores máis aplaudidos da historia.

Sábado, 1 de outubro | Proxección de Braindead
New Videodrome & New Videodrome Cinema | Plaza Elíptica

Lista de convidados presenciáis

Work in Progress – COIA O CAOS!!… Es la Ley!!

O GFFF comprácese en presentar o work in progress de COIA O CAOS!!… Es la Ley!! unha webserie 100% viguesa, feita por e para vigueses.

Con convidados presenciáis.

Mércores, 28 de Setembro | 19:00
New Videodrome | Plaza Elíptica

Máis info

CINEPATÍA: HÉROES, DIOSAS Y VILLANOS Vol. 2

O GFFF ten a honra de acoller a presentación do segundo volume do movie book: Cinepatía: héroes, diosas y villanos.

Este segundo volume de Cinepatía é unha continuación do primeiro; agora serán a mocidade e a “madurez” (si, entre comiñas!) as etapas que abarcan, narrando as súas experiencias a través de diferentes filmes.

Con convidados presenciáis.

Xoves, 29 de setembro | 12:00
New Videodrome | Plaza Elíptica

Máis info

EXPOSICIÓN: LA LÍNEA GENERAL

Un ano máis a sala New Videodrome acollerá unha exposición retrospectiva. Nesta ocasión tráemosvos algo moi especial: unha mostra de traballos onde a xenialidade para mesturar carteis de diferentes películas deixaravos tolos.

A confrontación do antigo e o moderno, o enfrontamento entre estilos, a procura de espellos imposibles, comparativas disparatadas e coincidencias insospeitadas.

Con convidados presenciáis.

Do mércores 28 de setembro ao sábado 1 de outubro
Inauguración: Xoves, 29 de setembro | 16:00

New Videodrome | Plaza Elíptica

Máis info

FESTIVAL COLEGA: MOTELX

Preparados para Arrepiar? Esperamos que si, porque este ano temos o enorme pracer de contar co MOTELX – Festival Internacional de Cinema de Terror de Lisboa como festival colega.

Este mes de setembro celebraron a súa 16ª edición cun programa cheo de filmes, workshops, masterclass e actividades para os máis novos.

No GFFF #6 2022 proxectaránse 7 filmes, todos eles estrea en España.

Con convidados presenciáis.

Xoves, 29 de setembro | 17:00
New Videodrome Cinema | Plaza Elíptica

Máis info

CAFÉ CON CREA

UNHA VIAXE DELIRANTE POLO CINEMA FANTÁSTICO PATRIO con JAVI CAMINO

Da man de CREA (Asociación galega de profesionais da dirección e realización) e xunto co director Javi Camino faremos este encontro onde os máis cinéfilos recordarán ou descubriran algunhas das xoias ocultas que o cinema fantástico patrio deu a nosa cinematografía.

Con convidados presenciáis.

Venres, 30 de setembro | 11:00
New Videodrome | Plaza Elíptica

Máis info

MESA CINEMAR FILMS

FUNCIÓN DA DOBRAXE GALEGA

Dentro dos principios e obxectivos fundamentais do festival está, non só o de difundir obras feitas en galego, senón de difundir as obras internacionais que proxectamos con subtítulos en galego.

Nesta liña, este ano celebraremos a Mesa Cinemar Films “Función da dobraxe galega” coa que queremos reivindicar a figura dos profesionais da dobraxe do noso país: actores e actrices, técnicos/as, subtituladores/as, tradutores/as e directores/as de dobraxe.

Con convidados presenciáis.

Venres, 30 de setembro | 13:00
New Videodrome | Plaza Elíptica

Máis info

A asimilación do “fantástico” nas prácticas da EOC

Presentación do ensaio «A asimilación do “fantástico” nas prácticas da Escuela Oficial de Cinematografía (EOC)» por Severiano Casalderrey.

Con convidados presenciáis.

Sábado, 1 de outubro | 13:30
New Videodrome | Plaza Elíptica

Máis info

PODCAST: EN FRANCA DECADENCIA

En Franca Decadencia é un programa de radio quincenal nas ondas libres sobre ilustración, cómic e animación. O seu obxectivo: deixar un testemuño fiable sobre a realidade profesional neste sector que tanto lles apaixona. 

Como din eles: “Non facemos promocións, non somos simpáticos, non queremos cheirar ben.” 

Con convidados presenciáis.

Sábado, 1 de outubro | 11:00
New Videodrome | Plaza Elíptica

Máis info

GFFF ONLINE

Por terceiro ano, o GFFF pon a disposición dos freaks cinéfagos gran parte da Sección Oficial desta edición 2022 de xeito online.

A plataforma elexida será novamente Festome, plataforma que ademais está dispoñible en galego grazas ao traballo do noso equipo durante a edición do 2020.

Do 28 de setembro ao 9 de outubro
Festhome (online)

Máis info

PRESENTACIÓN DA #6 EDICIÓN DO GFFF

Proxeción das mellores pezas do 2021 e avances da nova edición.

Venres 16 de setembro | 19:30 | Galería Maraca!