Do mércores 28 de setembro ao sábado 1 de outubro
Inauguración: Xoves, 29 de setembro | 16:00
New Videodrome | Plaza Elíptica

Entrada libre, aforo limitado.

Un ano máis a sala New Videodrome acollerá unha exposición retrospectiva. Nesta ocasión tráemosvos algo moi especial: unha mostra de traballos onde a xenialidade para mesturar carteis de diferentes películas deixaravos tolos.

A confrontación do antigo e o moderno, o enfrontamento entre estilos, a procura de espellos imposibles, comparativas disparatadas e coincidencias insospeitadas. Todo iso e moito máis é @lalineageneral, unha conta de Instagram que debe o seu nome ao film de Einsestein (cuxo subtítulo é O vello e o novo), e na que as mesturas entre carteis de diferentes películas son o seu principal contido. Sin City e GildaSó na casa e Psicose, Ben-Hur e The Fast and The Furious… os crossovers máis improbables danse cita nesta mostra, que fará as delicias de todos os cinéfilos. 

Josiño Araujo

Vigo, 1986

Detrás de @lalineageneral está Josiño Araújo, avogado de profesión, escritor (vén de publicar a novela Memorias dun exgalego coa editorial Laiovento, que xa vai pola segunda edición), articulista e director ocasional de curtas e videoclips.