Un ano máis, o GFFF reúne a un grupo de expertos do audiovisual freak. A súa misión: repartir os catro galardóns do erudito xurado. Unha tarefa honrosa mais nada doada. 

O xurado desta #6 edition está formado por:

JAVI CAMINO aka JAVI KID

Cinéfago e coleccionista dende a infancia, creceu pateando os videoclubes de Compostela en busca de infectos vhs de Charles Bronson, ninjas e terror de serie B. Con 18 anos mercou a prazos a súa primeira cámara MiniDV e lanzouse a dirixir os seus propios enxendros. Curtas sen orzamento como “A consulta do dr Natalio” e incluso unha longametraxe amateur (“¡Maldito Bastardo!” 2008). Terían que pasar case quince e anos e dirixir más de trinta videoclips, documentais (“Nación de muchachos”), webseries (“El viudo quiere mimos”) e unha serie de televisión (“Casa Manola”) para chegar o momento da súa ópera prima: “Jacinto” (2021). Unha comedia negra con tintes de terror que foi premiada en festivais como Sitges, Austin ou Fantasporto e que terá a súa estrea en cines en outubro deste ano.

JORGE SAAVEDRA aka MASTER FREAK

Jorge Saavedra, director de Series de TV a tempo parcial e consumidor audiovisual a tempo completo.

Con formación oficial en dirección audiovisual, pero tamén coa que realmente importa, a de videoclub, gravacións en vhs de tv, e lecturas voraces de cómic, novelas e revistas de todo o que teña que ver coa ciencia-ficción, fantasía e terror. Tamén lle pega aos videoxogos e aos xogos de mesa. Continuamente tentando sumar méritos para a medalla honorífica do GFFF.

PEDRO SOUTO aka LORD TERROR

É un dos fundadores do MOTELX – Festival Internacional de Cinema de Terror de Lisboa no que exerce funcións de director e programador desde a súa creación en 2007. Licenciouse en Cinema pola Escola Superior de Teatro e Cinema. A súa experiencia académica e profesional inclúe varias curtametraxes como produtor e director de fotografía e foi produtor asociado da premiada longametraxe “O Primeiro Verão” e da máis recente “28½”. 

Ten unha marcada presencia en importantes mercados de filmes internacionais así como en diversos festivais de cinema, nos que participou tamén como xurado. Desde 2014 forma parte do xurado da competición do Shortcutz Lisboa. 

A día de hoxe é o Secretario Xeral da Méliès International Festivals Federation, institución con máis de 30 anos que organiza o concurso anual Méliès d’Or para a mellor longa e curtametraxe europeas.

PELI DE TARDE aka SR. SESTAS

Peli de Tarde é o principal defensor do cine de sobremesa, ese xénero cinematográfico conformado por subxéneros como “alemáns de vacacións”, “alemáns en conflito por unha herdanza”, “nannys psicópatas”, “veciños obsesivos que suplantan identidades”, “catástrofes naturais”, “monstros xigantes asasinos” e demais telefilms que emiten as fines de semana despois de xantar, co único fin del facilitar a sesta do espectador.

Nado virtualmente en abril de 2018 como @pelidetarde en Twitter, onde xa conta con máis de 83.000 seguidores, escribe as súas recensións na web pelidetarde.com, e colabora semanalmente co xornal La Marea.

Considera que o seu anonimato é algo fundamental, xa que: “Ninguén pode personalizar e acaparar a loita pola defensa do cine de sobremesa. A sesta é cousa de [email protected]