SÁBADO, 24 de SETEMBRO do 2021

10:30 – 14:00 / 17:00 – 22:30

“Se es pequeno e es freak, vén ao pequefreak”, con esta frase na cabeza marcharon dúcias de pequefreaks tras pasar pola primeira edición deste mini festival celebrado dentro da pasada edición do GFFF.

Namoráramos a un grupo de freaks e cinéfilos en potencia, polo que non podía entrar nos nosos plans non repetir a experiencia. Por iso, volvemos co Pequefreak – O meu primeiro festival, un día enteiro dedicado ao público infantil e xuvenil, un evento no que as nais e pais, tías e tíos, poderán iniciar aos más cativos no marabilloso mundo do cinema freak. Unha completa xornada na que os/as pequefreaks poderán vivir a experiencia de desfrutar dun festival de cinema.

Coa inestimable axuda do Concello de Vigo, celebramos o 24 de setembro este mini-festival cunha programación dedicada ao cinema: 

Nota: a excepción do Obradoiro, no resto de actividades os pequefreaks deben ir acompañados por un adulto. O abono das proxecións non inclúe o Obradoiro.

10:30 – 12:30
OBRADOIRO FX’s por SPENCER

Os pequefreaks descubrirán o fantástico mundo dos efectos especiais neste obradoiro impartido polo artista Ricardo Spencer, no que aprenderán a facer FXs de maquillaxe (feridas, hematomas ou sangue) empregando materiais sinxelos que poderán atopar ata na casa.

Actividade para maiores de 6 anos.

18:30 – 20:30
INMERSIA
Realidade Virtual

De Vigo a la luna con realidad virtual

Tralo enorme éxito da pasada edición repetimos a nosa colaboración coa empresa INMERSIA pioneira en ocio de realidade virtual. Esta actividade está dedicada a introducir aos máis pequenos no mundo da robótica e a electrónica de xeito divertido. Poderán gozar de varios xogos e experiencias con gafas e mandos de realidade virtual.

Actividade para maiores de 7 anos.

SELECCIÓN OFICIAL

A sección oficial, na que os pequefreaks elixirán a súa obra favorita, está composta por 17 curtametraxes, vidas de todas as partes do mundo. Entre elas: 13 filmes nunca vistos en Galicia, dos que 7 son estreas en España e 6 en Galicia.

Unha Sección Oficial creada por e para eles da que poderán presumir de ter visto traballos non proxectados ata a data no noso país!

12:30 – 14:00 CURTAS TP

LION BLEU

18′ / FRANCIA / 2021
Zoïa Trofimoa

Un campesiño solitario acolle a un gatiño en apertos. Pero o día que se converte nun gran león azul, os aldeáns asústanse e desconfían deste temible forasteiro e escorréntano. O campesiño e os seus animais viaxan entón polo mundo para atopar un lugar onde establecer o seu fogar.

ESTREA EN ESPAÑA

  • Premio, KFF – Kaohsiung Film Festival (Taiwán, 2021)
  • Trickfilm – Festival Internacional de Cine de Animación de Stuttgart (Alemaña, 2022)
  • Clermont-Ferrand International Short Film Festival (Francia, 2022)
  • Festival International de Film d’Animation de Varna (Bulgaria, 2022)

GÜNTHER FALLS IN LOVE

2′ / IRLANDA / 2020
Josephine Lohoar Self

É o día de Nadal e Günter, un carlino gordiño, observa desde a súa cama de can como a súa familia humana desenvolve os seus agasallos. Cando un neno desinteresado tira un vello xoguete da familia ao seu carón, Günter queda namorado.

ESTREA EN GALICIA

  • Nomeada a Mellor Curta de Animación Irish Film & Television Academy Awards (Irlanda, 2021)
  • New York International Children’s Film Festival (EUA, 2021)
  • Clermont-Ferrand Short Film Festival (Francia, 2022)
  • The Short Com International Film Festival (Reino Unido, 2022)

YAY

3′ / ALEMAÑA, EUA / 2021
Anne Isensee

Lily Armstrong e os seus amigos Carla e Dubio viven nun mundo de escuridade – ata que Lily descobre que hai un mundo arriba cheo de cor, música e aventura. As tres amigas deben combinar as súas forzas para saír xuntas da escuridade.

ESTREA EN ESPAÑA

  • LINOLEUM Contemporary Animation and Media Art Festival (Ucrania, 2021)
  • Woodstock Film Festival (EUA, 2021)
  • New Directors New Films Festival FESTinha Espinho (Portugal, 2021)
  • Athens Animfest (Grecia, 2022)

WELCOME TO GARDENLAND

7′ / GALICIA / 2021
Aarón Pérez Pardiñas

Nun mundo onde as plantas ocuparon o lugar dos humanos, a familia Jefferson está a piques de vivir un día en grao sumo tolo. Descobre o incrible mundo de Gardenland da man dunha das familias máis particulares.

  • Festival de Cans (Galicia, 2022)
  • DC Independent Film Festival (EUA, 2022)
  • Athens Animfest (Grecia, 2022)

BEEWARE

3′ / FRANCIA / 2021
Coline Chappe

Unha abella sedenta acaba bebendo nunha piscina. Un neno cre que se está afogando e trata de salvala… Para ben ou para mal.

ESTREA EN ESPAÑA

  • Festival Court Mais Bon (Francia, 2022)
  • 44th Moscow International Film Festival (Russia, 2022)
  • Festival du Film Jeune de Lyon (Francia, 2022)

MIDO ET LES INSTRUMEAUX

6′ / FRANCIA / 2020
Roman Guillanton

Mido vive só e encántalle cantar, cando un día unha banda musical de animais detense na súa casa.

ESTREA EN GALICIA

  • Cinanima (Portugal, 2021)
  • La Guarimba Film Festival (Italia, 2021)

SPACAPUFI (SPUFFIES, JUBEES)

11′ / ESLOVENIA / 2021
Jaka Ivanc

Aos Spuffies gústanlles moito os jubeys. Tras comer a última froita deliciosa, a fame está a piques de chegar, polo que se dirixen á casa do vello Poofler a través do tenebroso bosque. Alí coñecen e fanse amigos dunha araña que lles mostra o camiño cara á arboleda dos jubees.

ESTREA EN ESPAÑA

  • Guanajuato International Film Festival (México, 2022)

KAYAK

6′ / FRANCIA / 2021
Solène Bosseouf, Flore Dechorgnat, Tiphaine Klein, Auguste Lefort, Antoine Rossi

A excursión en kaiak dun pai e o seu bebé por un apracible río convértese nunha auténtica aventura familiar.

  • Premio, Festival Internacional de Cortometrajes de Vila do Conde (Portugal, 2022)
  • Festival Internacional de Rhode Island (EUA, 2022)
  • La Guarimba Film Festival (Italia, 2022)
  • Anima (Bélxica, 2022)

17:00 – 18:30 CURTAS +7

THE SOLOIST

8′ / FRANCIA / 2021
Yi Liu, Feben Elias Woldehawariat, Razahk Issaka, Mehrnaz Abdollahinia, Celeste Jamneck

Nun pequeno pobo rexido por leis ridículas, tres irmás cantantes e o seu can ensaian para o Festival Anual de Outono. Pero un evento inesperado desbaratará os seus plans.

  • Rhode Island International Film Festival (EUA, 2022)
  • Vila do Conde International Short Film Festival (Portugal, 2022)
  • Clermont-Ferrand International Short Film Festival (Francia, 2022)
  • Stuttgart Trickfilm International Animated Film Festival (Alemaña, 2022)

HARU

4′ / FRANCIA / 2020
Jean Grandgirard, Sophie Noël, Christophe Jeudy, Grégoire Dehame, Julie Durandy

Seiryu, o deus dragón da primavera, sae do seu sono para dar vida á natureza. Con todo, non conta co demo da noite, Ugetsu, que vén impedilo.

ESTREA EN GALICIA

  • Festival du Film Merveilleux et Imaginaire (Francia, 2021)
  • Festival Animayo (España, 2021)
  • Festival Galacticat – Festival de Cinema Fantàstic i Terror de Ponent a Tàrrega (España, 2021)

EL SEPULTURERO

5′ / ESPAÑA / 2022
Juanca Arniz

Un curioso cativo penetra no cemiterio do seu pobo para acompañar ao sepultureiro durante unha noite de traballo.

ESTREA EN GALICIA

  • Terror Molins Film Festival (España, 2022)
  • Corrosivo Film Fest (Costa Rica, 2022)
  • Festival Infantil y Juvenil Chulpicine (Ecuador, 2022)
  • MADRIFF Madrid Indie Film Festival (España, 2022)

AIRBORNE

8′ / POLONIA / 2021
Andrzej Jobczyk

Unha conexión entre o mundo das máquinas voadoras e o reino da flora e a fauna. Absorto na loita, un piloto perde o seu obxectivo e o seu avión estrélase contra a copa dunha árbore. O que parece un final tráxico abre unha nova etapa na historia.

ESTREA EN ESPAÑA

  • REGARD – Saguenay International Short Film Festival (Canadá, 2021)
  • Festival Le Plein de Super (France, 2022)
  • Clermont-Ferrand Short Film Festival (France, 2022)
  • ANIMA – Brussels International Animation Film Festival (Bélxica, 2022)

VENT D’HIVER

4′ / FRANCIA / 2021
Jeremy Andriambolisoa, Théo Duhautois, Quentin Wittevrongel, Alicia Massez, William Ghyselen, Thomas Dell’Isola

Atrapados nunha violenta tormenta de neve, os coellos buscan refuxio no castelo do seu rei.

  • Mención Especial, SEFF – Santiago del Estero Film Festival (Arxentina, 2022)
  • BANJALUKA International Animated Film Festival (Bosnia, 2021)
  • FIA – Festival Internacional Animación (Uruguai, 2021)
  • Lund International Fantastic Film Festival (Suecia, 2021)

CANNED LIFE

4′ / TAIWAN / 2021
Yu-Ling Chang

Todos os días, o protagonista é espremido dun tubo de pasta de dentes e forzado a ir ao traballo. Un traballo interminable. Ao acabar a xornada, de volta á pasta de dentes, e así, día tras día.

ESTREA EN ESPAÑA

  • Panama Series Festival (Panamá, 2022)
  • The 6th Open Air Short Film Festival (Belarús, 2022)
  • AFTERLIFE Film Festival (Suráfrica, 2022)
  • T-Short Animated Film Online Festival (Alemaña, 2022)

LUNA LLENA

4′ / BÉLXICA / 2020
Isabel García Moya

Burger e Tortilla pasean á luz da lúa. No seu mundo imaxinario, atópanse con criaturas fantásticas…

ESTREA EN ESPAÑA

  • Mención Especial, T-Short Animated Film Festival (Alemaña, 2022)
  • Festival International du Court Métrage de Clermont-Ferrand (Francia, 2022)
  • Carrousel International du Film de Rimouski (Canadá, 2022)
  • Insomnia International Animation Film Festival (Rusia, 2021)

STARS ON THE SEA

6′ / COREA DO SUR / 2021
Seung-Wook Jang

É un día calquera, ata que a casa empeza a encherse de auga.

ESTREA EN GALICIA

  • Premio Shorter Teens, ShorTS International Film Festival (Italia, 2022)
  • Premio de Ouro, DigiCon6 Asia, Korea Local Award (Corea do Sur, 2021)
  • Rural FilmFest (España, 2022)
  • Fantasia International Film Festival (Canadá, 2022)

SIERRA

16′ / ESTONIA / 2022
Sander Joon

Un pai e o seu fillo están a perder a carreira popular. Para gañar, o neno convértese nun pneumático de coche. Inspirada na infancia do director, Sierra introdúcenos no surrealista mundo das carreiras de coches.

  • Mellor Animación Internacional, Animatricks International Animation Festival (Finlandia, 2022)
  • Mellor Curtametraxe, Cinema Jove – International Film Festival of Valencia (España, 2022)
  • Segundo Premio, Short Waves Festival (Polonia, 2022)
  • Premio do Público, GLAS Animation Festival (EUA, 2022)

20:45 FILME:
TRON (1982)

96′ / EUA /1982
STEVEN LISBERGER

O broche final a esta xornada de cinema infantil será a proxección deste clásico de 1982 dirixido por Steven Lisberger.

Protagonizada por un noviño Jeff Bridges, o filme supuxo un antes e despois grazas a súa inconfundible estética, creada por Syd Mead (responsable tamén de Blade Runner ou Aliens) e polo coñecido debuxante frances Moebius, así como polas súas innovadoras e pioneiras escenas creadas por ordenador.

Quedarán os pequefreaks tan abraiados coa película como os seus pais hai 40 anos?

End of line.

ENTREGA DE PREMIOS

Para finalizar esta edición anunciarase a/o gañador do Gran Premio “Olimpo dos Pequefreaks” que será outorgado á curtametraxe máis aplaudida.

Se es pequeno e es freak,
vén ao Pequefreak!

INFORMACIÓN IMPORTANTE:

1. Abono:

O abono NON INCLÚE O OBRADOIRO nin INMERSIA, só inclúe as proxecións. Lembra collelos a maiores se queres asistir a todo.

2. Acceso:

A excepción do Obradoiro, no resto de actividades os pequefreaks deben ir acompañados por un adulto.

3. Obradoiro

  • ACTIVIDADE PARA MAIORES DE 6 ANOS.

4. Inmersia Realidade Virtual:

Esta actividade ten PRAZAS MOI LIMITADAS.

Para poder acceder a ela ten que cumprirse os seguintes puntos:

  • ACTIVIDADE PARA MAIORES DE 7 ANOS.
  • Adquirir unha das modalidades de entrada (Abono, curtas ou filme) por cada praza solicitada.
  • Máximo un cativo por entrada e por vez.

En caso de incumprir calquera de estas condicións cancelaranse as inscricións.

Os pequefreaks inscritos pasarán por orde de chegada durante a actividade que se celebrará entre as 18:30 e as 20:30h.