UNHA VIAXE DELIRANTE POLO CINEMA FANTÁSTICO PATRIO con JAVI CAMINO

Venres, 30 de setembro | 11:00
New Videodrome | Plaza Elíptica

Entrada libre, aforo limitado

Da man de CREA (Asociación galega de profesionais da dirección e realización) e xunto co director Javi Camino faremos este encontro onde os máis cinéfilos recordarán ou descubriran algunhas das xoias ocultas que o cinema fantástico patrio deu a nosa cinematografía. Títulos tan tolos como: La campana del infierno, Supersonic Man, Los nuevos extraterrestres, El hombre perseguido por un OVNI ou Juan y Junior… en un mundo diferente.

Unha divertida viaxe na que descubriremos algúns dos momentos máis frikis da historia do cine fantástico español: desde os grandes clásicos ata os bodrios máis desconcertantes, pasando por todo tipo de rarezas e parodias.

JAVI CAMINO

Cinéfago, coleccionista e director. Javi Camino formará parte tamén do xurado desta #6 edition. Podes consultar a súa biografía na páxina do xurado. Igualmente, aproveitamos para lembrarte que a súa ópera prima, Jacinto, estará nos cines o próximo mes de setembro grazas a distribuidora Baños Films.

Por aquí deixámosvos a listaxe das películas mencionadas durante o “Café con CREA”.

  • Tenemos 18 años (Jesús Franco, 1959)
  • Gritos en la noche (Jesús Franco, 1962)
  • La hora incógnita (Mariano Ozores, 1963)
  • Llegaron los marcianos (Franco Castellano/Giuseppe Moccia, 1964)
  • La marca del hombre lobo (Enrique López Eguiluz, 1968)
  • La residencia (Narciso Ibañez Serrador, 1969)
  • El bosque del lobo (Pedro Olea, 1970)
  • Hola…señor Dios (Manuel Esteba, 1970)
  • Juan y Junior en un mundo diferente (Pedro Olea, 1970)
  • La noche de Walpurgis (León Klimovsky, 1971)
  • La noche del terror ciego (Amando de Ossorio, 1971)
  • La novia ensangrentada (Vicente Aranda, 1972)
  • Pánico en el transiberiano (Eugenio Martin, 1972)
  • El jorobado de la Morgue (Javier Aguirre, 1973)
  • La campana del infierno (Claudio Guerín, 1973)
  • Los ojos azules de la muñeca rota (Carlos Aured, 1973)
  • Una gota de sangre para morir amando (Eloy de la Iglesia, 1973)
  • No profanar el sueño de los muertos (Jorge Grau, 1974)
  • Odio mi cuerpo (León Klimovsky, 1974)
  • El asesino de muñecas (Miguel Madrid, 1975)
  • Exorcismo (Juan Bosch, 1975)
  • La endemoniada (Amando de Ossorio, 1975)
  • El jovencito Drácula (Carlos Benpar, 1977)
  • Polvos mágicos (José Ramón Larraz, 1979)
  • Supersonic Man (Juan Piquer Simón, 1979)
  • La momia nacional (José Ramón Larraz, 1981)
  • Si las mujeres mandaran (J. María Palacios, 1982)
  • Buenas noches, señor Monstruo (Antonio Mercero, 1982)