Goza o GFFF dende o sofá da casa!

Por terceiro ano, o GFFF pon a disposición dos freaks cinéfagos gran parte da Sección Oficial desta edición 2022 de xeito online. 

A plataforma elexida será novamente Festome, plataforma que ademais está dispoñible en galego grazas ao traballo do noso equipo durante a edición do 2020.

Só nos queda convidarte a gozar do GFFF desde a túa gorida! Escarállate, sinte un arrepío ou cheira as túas neuronas fritidas cos oito bloques que poderás desfrutar unha e otra vez.

Ollo! Quedarte na casa non te exclúe de decidir os gañadores!

  • Se tes un ABONO VIF, introduce o LOCALIZADOR do teu abono como código de desconto para canxear o abono online en Festhome. Atoparalo no correo cando as recibiches e nas propias entradas, é unha secuencia de letras e números similar a esta: A1ABDCK3X.
  • En caso de que o teu LOCALIZADOR do ABONO VIF dea un erro, engádelle un punto ao final, ex. “A1ABDCK3X.”
  • As sesións iránse desbloqueando a medida que vaian comezando a edición física. Podes consultar a programación ou a sección oficial para saber cándo poderás gozar delas.