{"id":5677,"date":"2022-09-25T13:37:38","date_gmt":"2022-09-25T11:37:38","guid":{"rendered":"https:\/\/galicianfreakyfestival.com\/?page_id=5677"},"modified":"2022-09-26T16:35:57","modified_gmt":"2022-09-26T14:35:57","slug":"festival-colega","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/galicianfreakyfestival.com\/festival-colega\/","title":{"rendered":"FESTIVAL COLEGA: MOTELX"},"content":{"rendered":"\n

Xoves, 29 de setembro | 17:00
New Videodrome Cinema<\/strong><\/h4>\n\n\n\n

Entradas \u00e1 venda<\/a><\/em><\/h4>\n\n\n\n

Preparados para Arrepiar? Esperamos que si, porque este ano temos o enorme pracer de contar co MOTELX \u2013 Festival Internacional de Cinema de Terror de Lisboa<\/a><\/strong> como festival colega.<\/p>\n\n\n\n

Este mes de setembro celebraron a s\u00faa 16\u00aa edici\u00f3n cun programa cheo de filmes, workshops, masterclass e actividades para os m\u00e1is novos. <\/p>\n\n\n\n

\"\"<\/figure>\n\n\n\n

O MotelX<\/a> \u00e9 o unico festival portugu\u00e9s membro da M\u00e9li\u00e8s International Festivals Federation (MIFF)<\/a> e da Europe for Festivals, Festivals for Europe (EFFE)<\/a>, o que o converte nun dos festivais de x\u00e9nero m\u00e1is importantes do mundo.<\/p>\n\n\n\n

Teremos a honra de contar co seu director Pedro Souto<\/strong>, quen estar\u00e1 connosco monstrando unha escolma dalgunhas das mellores obras que pasaron por este festival colega, e as\u00ed nolo explica:<\/p>\n\n\n\n

Cando en 2009 inauguramos a secci\u00f3n competitiva para curtas portuguesas, non hab\u00eda unha gran produci\u00f3n de filmes deste x\u00e9nero, a pesar dunhas grandes ganas para facelo. Esta secci\u00f3n foi ga\u00f1ando importancia co paso dos anos e transformando por enteiro o panorama cinematogr\u00e1fico nacional. E aos poucos, os realizadores foron ga\u00f1ando coraxe para aventurarse coas longametraxes, como foron os casos de Fernando Alle (que conseguiu apoio de Troma e tam\u00e9n do ICA \u2013 Instituto do Cinema e do Audiovisual en Portugal) con \u201cMutant Blast\u201d ou de Gon\u00e7alo Almeida con \u201cFaime Compa\u00f1\u00eda\u201d, filme que ser\u00eda seleccionado para o Fantastic Fest de Austin. O premio econ\u00f3mico \u00e9 hoxe o maior ao que optan as curtametraxes e a calidade subiu de tal modo, que a maior\u00eda das candidaturas que recibimos son feitas xa pensando na estrea mundial no MOTELX.<\/em><\/p>\n\n\n\n

A compilaci\u00f3n que aqu\u00ed presentamos no Galician Freaky Film Festival 2022 engloba filmes moi representativos do tipo de cinema presentado en anteriores selecci\u00f3ns. En primeiro lugar, un dos realizadores que m\u00e1is participaci\u00f3ns tivo, creando inclusive a s\u00faa propia nomenclatura cinematogr\u00e1fica, a \u201cAzoresploitation\u201d. Tr\u00e1tase de Francisco Lacerda, natural da Illa de San Miguel, do arquip\u00e9lago dos Azores, que ven destacando por unha coidada reciclaxe de vellos formatos e subx\u00e9neros como a exploitation ou o cinema trash, sen desviarse nunca da acci\u00f3n da fauna e flora da s\u00faa terra natal. <\/em>\u201cCemit\u00e9rio Vermello\u201d<\/em><\/strong> \u00e9 a s\u00faa incursi\u00f3n no Spaghetti-western de Sergio Leone, no que o deserto de Almer\u00eda \u00e9 substitu\u00eddo polas paisaxes \u00e1ridas da Illa de Santa Maria. A pesar de nunca acadar o premio, o seu traballo ten sido seleccionado para outros festivais da Federaci\u00f3n M\u00e9li\u00e8s e m\u00e1is en Europa \u2013 a pr\u00f3xima parada deste \u201cCemiterio Vermello\u201d \u00e9 o Beyond Fest en LA.<\/em><\/p>\n\n\n\n

Non en tanto, o subx\u00e9nero m\u00e1is explotado da historia do cinema portugu\u00e9s \u00e9 o folk horror, o que ten sentido tendo en conta os 9 s\u00e9culos en que Portugal existe tal como \u00e9 hoxe. Son por tanto, 900 anos de lendas e tradici\u00f3ns populares que deron alento a moitas adaptaci\u00f3ns, principalmente ao nivel da curtametraxe. As\u00ed, temos <\/em>\u201cCando a Terra Sangra\u201d<\/em><\/strong> de Jo\u00e3o Morgado que escrebe eses pergami\u00f1os e m\u00f3stranos un filme que ten como pilares o traballo de Stephen King e de series como \u201cMidnight Mass\u201d. De cariz m\u00e1is g\u00f3tico e experimental, escollemos <\/em>\u201cMiseric\u00f3rdia\u201d <\/em><\/strong>que recupera ambientes sombr\u00edos nun bosque onde bruxas e demos aflixen aos humanos ao son dun \u00f3rgano de igrexa imperial.<\/em><\/p>\n\n\n\n

En contexto urbano, temos curtas que reflexionan a paranoia e o absurdo da vida contempor\u00e1nea. <\/em>\u201cReverso\u201d<\/em><\/strong> de Andr\u00e9 Szankowski \u00e9 un one man show do actor Afonso Pimentel, que transforma un mon\u00f3logo intimista nun relato de terror puro probando que a simplicidade dunha boa historia a\u00ednda \u00e9 dabondo para facernos estremecer. <\/em>\u201cV\u00f3rtice\u201d<\/em><\/strong> de Guilherme Branquinho, o gran vencedor da m\u00e1is recente 16.\u00aa edici\u00f3n do MOTELX, vai a\u00ednda m\u00e1is lonxe, centrando a acci\u00f3n no simple feito de conseguir un lugar de aparcamento \u00e1 noite en Lisboa, lanza ao protagonista nun loop de demencia con que moitos espectadores se identificar\u00e1n.<\/em><\/p>\n\n\n\n

Finalmente, o MOTELX se ten esforzado por ter o m\u00e1ximo de cinema de terror feminino pos\u00edble, non s\u00f3 en longas internacionais mais principalmente na competici\u00f3n nacional. As\u00ed, destacamos dous filmes realizados por mulleres que representan ben o ollar feminino contempor\u00e1neo de x\u00e9nero. En primeiro lugar a sensibilidade adolescente representada en <\/em>\u201cUnha Piscina\u201d<\/em><\/strong> de Carolina Aguiar e case en contraponto, o panfletismo feminista radical de <\/em>\u201cVara\u201d<\/em><\/strong> de In\u00eas Albuquerque.<\/em><\/p>\n\n\n\n

Benvidos ao Terror portugu\u00e9s!<\/em><\/p>\n\n\n\n

Pedro Souto, Director de MotelX, Lisboa<\/em><\/p>\n\n\n\n

FILMES<\/h2>\n\n\n\n
\n